Ola a todas e todos.
Antes de comezar coa sesión de hoxe, vouvos dar as respostas aos exercicios da lección de Presente Simple. As primeiras persoas en contestar tiveron a súa corrección personalizada nos comentarios con algunhas explicacións puntuais, pero agora porei as respostas correctas para todo o mundo. Por certo, alguén me pediu as respostas da proba de nivel... non as vou poñer porque esa mesma proba de nivel vai ser a que mida o voso progreso ao final do curso ;)
Aquí tedes as respostas ao exercicio de Presente simple:
1. I eat bread, not cheese.
2. Is Laura hungry?
3. I want a car that works well.
4. I don't think of you.
5. Can you lend me your pen?
6. When it rains, the flour gets wet.
7. I don't like the smell of new books.
8. Do you enjoy the party?
9. I don't believe in ghosts.
10. Juan speaks English.
11. My dog isn't bad.
12. We want to dance.
13. Do you go shopping?
14. They don't sing well.
15. Eu sei bailar.
16. Ti non o sabes.
17. Sabe xogar el ao tenis?
18. Ela é alta e o seu gato é branco.
19. Eu non estoy preocupado/a pola saúde.
20. Sabes algo de Alberto?
21. Eu penso que o inglés é importante.
22. É fácil se traballas duro.
23. Vou ao supermercado tódolos luns.
24. Eles/elas falan inglés con fluidez.
25. Ti non xogas co teu can porque é agresivo.
26. Pinta Maria na parede da súa casa?
27. Ela non pode conduci-lo coche do seu pai.
28. Nós quedamos na casa porque somo aburridos/as.
29. Ti maila túa irmá queredes xogar con nós.
30. Os paxaros cantan moi ben.
Fixádevos nos vosos erros e preguntádeme o que non entendades.
Agora pasamos á lección de hoxe: PRESENTE CONTINUO.
Xa sabedes como funcionan os tres tipos de oracións (afirmativas, negativas e interrogativas) no presente simple. Fixádevos no sinxelo que é aplica-las mesmas regras no presente continuo...
Oracións afirmativas: Suxeito + am/is/are + verbo en xerundio + complementos.
- I am eating chicken (estou comendo polo).
- You are dancing slowly (ti estás bailando lentamente).
- She is jumping in bed (ela está saltando na cama).
Oracións negativas: Suxeito + am/is/are + not + verbo en xerundio + complementos.
- I am not eating chicken (non estou comendo polo).
- You aren't dancing slowly (non estás bailando lentamente).
- She isn't jumping in bed (ela non está saltando na cama).
Oracións interrogativas: Am/is/are + suxeito + verbo en xerundio + complementos.
- Am I eating chicken? (estou comendo polo?).
- Are you dancing slowly? (estás bailando lentamente?).
- Is she jumping in bed? (está ela saltando na cama?).
Agora intentade aplicar estas estruturas ás seguintes traduccións e pegádeas nun comentario co voso nome e apelidos e número de habitación. Buscade no diccionario o vocabulario que non saibades:
1. Está Ana caminando na praia?
2. A botella está caíndo.
3. Non estamos traballando en Porriño.
4. Estou pensando no meu irmán.
5. Non estás lendo o libro.
6. Está a túa familia construíndo unha casa?
7. Estades estudando matemáticas?
8. Estou disfrutando da festa.
9. Estaste sentindo mal?
10. Eles non van axudarte.
11. Estádesvos convertindo en rás.
12. Non estou vivindo onde cres.
13. Que estás a facer no patio?
14. Pedro está intentando para-lo balón.
15. Penso que non o están facendo ben.
16. Os meus pais están mirando a televisión.
17.I'm writing a letter.
18. Am I bothering you?
19. Your aunt isn't cooking meat.
20. Carlos is fishing in the river.
21. Is your bottle getting empty?
22. He's not telling you the truth.
23. They're pushing the car.
24. I'm getting confused.
25. She's not using your present.
26. We're learning to spell.
27. Is your father painting your house?
28. Are you trying to convince me?
29. We're waiting for Belén.
30. Your brother and you aren't working hard.
No seguinte exercicio, o que tedes que facer é poñe-los verbos que están entre paréntese en Presente Continuo (según lle corresponda ao suxeito de cada oración):
<<This is London airport. Many people __________ (wait) to go on holiday. The woman at the check-in desk __________ (take) the passengers' tickets and she __________ (ask) them some questions. At "Passport Control" a man who __________ (wear) an uniform __________ (look) at everyone's passports. Some people __________ (sit) on chairs and while they __________ (wait) they __________ (read) books or magazines. There is a bar where a man __________ (serve) tea and coffee. Outside, a plane __________ (take off) and another one __________ (come down). Some men __________ (put) the passengers' bags onto another plane. A man who __________ (leave) __________ (say) goodbye to his family>>.
Para aquelas persoas que teñan un pouco máis de tempo (e gañas), suxiro a tradución do texto anterior. Primeiro completádeo co Presente Continuo e despois intentade traducilo. Non é dun nivel complexo, pero ten algunha estrutura que pode dar lugar a dúbidas. Se podedes, animádevos a intentalo!
Un saúdo e unha aperta dende a Bolsa da Biblioteca.