Mostrando entradas con la etiqueta residencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta residencia. Mostrar todas las entradas

jueves, 11 de noviembre de 2010

PRESENTACIÓN DO CURSO

Benvidos e benvidas ao Curso de Inglés que levamos a cabo dende a Bolsa de Biblioteca  e a Bolsa de Sociocultura da Residencia Universitaria Monte da Condesa. Debido ao éxito que tivo a proposta entre os e as residentes, decidímonos por unha metodoloxía que permita a participación de tódalas persoas que o desexedes, para así evitar ter que facer unha selección de participantes.

Como xa vos diciamos no primeiro anuncio que creamos do curso, os nosos obxectivos son dous:
- Mellorar as aptitudes na lingua inglesa das persoas que desexen practicar e superarse cada día.
- Servir de axuda para a preparación de quenes se vaian presentar a un exame de acreditación pola modalidade libre.

No curso como o temos previsto, traballaredes os diferentes contidos e competencias necesarios para acadar un bo coñecemento do idioma:
- Gramática.
- Vocabulario.
- Lectura.
- Escritura.
- Fala e escoita.

A metodoloxía que imos empregar neste curso consistirá no seguinte:
- Traballaremos a gramática a través de explicacións que iremos subindo ao blog. Sobre os diferentes contidos teremos unha serie de exercicios para que practiquedes. Iremos tamén correxindo estes exercicios para que vaiades comprobando o voso desempeño.
- Faremos prácticas de lectura onte teredes un texto e unhas preguntas a respostar.
- Tamén exercitaremos a capacidade de redactar composicións escritas de calidade.
- E finalmente, teremos a oportunidade de vivenciar conversas orais en inglés entre os e as participantes. Para isto deberedes seguir as pautas que se darán dende a Bolsa de Sociocultura, que será a encargada da organización dos grupos de conversa.
- Ademáis de todo isto, dende a mesma Bolsa de Sociocultura porase en marcha unha iniciativa de creación dun Banco de Recursos de Idiomas, onde se formarán equipos de traballo nos que os propios/as residentes intercambiarán os seus coñecementos.

A duración deste curso será, como máximo, ata o mes de xuño do ano 2011; pero para que o curso continúe semana tras semana é imprescindible a participación das persoas inscritas (ou dun mínimo delas).

O procedemento de inscrición é mediante a posta dun comentario nesta primeira entrada do blog no que escribades o voso nome e apelidos e o número da vosa habitación. A inscrición permanece aberta durante todo o curso. A parte online do curso comezará xa esta próxima semana, e no que respecta aos grupos de conversa e ao banco de recursos, permanecede atentos/as porque as bolseiras de Sociocultura comezarán a dar información en breves.

Como xa vos imaxinaredes, este curso non supón ningunha acreditación oficial dun nivel de inglés nin tampouco é computable por créditos académicos. Sen embargo, as persoas da residencia que participedes no curso de forma asidua, se o desexades, podedes solicitar un escrito non oficial onde se indique a vosa participación neste curso de inglés, co selo da Biblioteca.

Posto que a continuación deste curso no tempo depende da vosa participación, o que deberedes facer é desenvolve-los exercicios propostos a través de comentarios nas respectivas entradas do blog (especificando nome e número de habitación) para proseguir coa respectiva corrección dos mesmos. Deste xeito, teremos constancia do voso aproveitamento do curso e seguiremos levándoo adiante ata fin de curso.

A próxima entrada que veredes no blog será a da proba de nivel inicial para as persoas apuntadas. É moi importante que a fagades para marcar un nivel de partida do curso.

Estade atentas/os ao blog!!

Bolsa de Biblioteca e de Sociocultura.