lunes, 29 de noviembre de 2010

LECCIÓN PRIMEIRA

Nas respostas á proba de nivel recibidas ata agora pódese apreciar una diferenza de nivel notable; sen embargo, o nivel xeral non é baixo aínda que si se perciben erros básicos que é importante correxir. Polo tanto, o que faremos será partir da gramática dende o presente simple e ir avanzando progresivamente a un ritmo relativamente apurado, para que vos dea tempo, nun curso académico, a traballar a totalidade dos contidos e ter opción de acadar un nivel avanzado.
Isto vai requerir un compromiso pola vosa parte, xa que o que aprendades con este curso vai depender directamente de canto traballedes.
Lémbrovos que é moi importante que, ao comezo dos vosos comentarios, escribades nome e apelidos e número de habitación (ou a palabra 'externa' no caso de alumnado non residente na Condesa). Procedemos pois ao comezo da primeira lección...

PRESENTE SIMPLE
En calquera tempo verbal vos poderedes atopar con tres tipos principais de oracións: afirmativas, negativas e interrogativas. Prestade atención á estrutura de cada tipo de oración...
Oracións afirmativas:
Suxeito + verbo + complementos.
- I am short (eu son baixa).
- He is short (el é baixo).
- They are short (elas son baixas).
Oracións negativas:
Suxeito + don't/doesn't + verbo + complementos. Don't úsase para a tódalas persoas menos para a terceira do singular, na que se emprega Doesn't.
- You don't sleep in the sofa (ti non durmes no sofá).
- She doesn't know the truth (ela non sabe a verdade).
Suxeito + verbo en negativo + complementos. Esta estrutura só é posible cos verbos negables diretamente (to be, to can basicamente).
- Carmen can't play de piano (Carmen non sabe toca-lo piano).
- You aren't really fun (ti non es moi divertido).
Oracións interrogativas: 
Do/does + suxeito + verbo + complementos.
- Does David play football? (David xoga ao balonpé?).
- Do you prefer a salad? (Prefires unha ensalada?).
Verbo + suxeito + complementos. Esta estrutura emprégase co verbo To Be e co verbo To Can incluíndo nos complementos un verbo secundario.
- Can your dog swim at the sea? (Pode o teu can nadar no mar?).
- Is she your girlfriend? (É ela a túa moza?).

Agora, fixándovos nas estruturas anteriores, realizade as seguintes traducións. As oracións que están el galego deben ser traducidas ao inglés, e as que están en inglés deberán ser traducidas ao galego ou ao castelán. Utilizade un diccionario para o vocabulario que non coñezades. Comezamos...

1. Eu como pan, non como queixo.
2. Ten Laura fame?
3. Quero un coche que funcione ben.
4. Non penso en ti.
5. Podes prestarme o teu bolígrafo?
6. Cando chove, o chan móllase.
7. Non me gusta o cheiro dos libros novos.
8. Disfrutas da festa?
9. Non creo en fantasmas.
10. Xoán fala inglés.
11. O meu can non é malo.
12. Nós queremos bailar.
13. Ides de compras?
14. Eles non cantan ben.
15. I can dance.
16. You don't know it.
17. Can he play tennis?
18. She's tall and her cat is white.
19. I'm not worried about health.
20. Do you know anything about Alberto?
21. I think that English is important.
22. It's easy if you work hard.
23. I go to the supermarket every Monday.
24. They speak English fluently.
25. You don'y play with your dog because he is agressive.
26. Does Maria paint in the wall of her house?
27. She can't drive her father's car.
28. We stay at home because we are boring.
29. You and your sister want to play with us.
30. Birds sing very well.
Escribide as vosas traducións nun comentario (poñendo nome e número de habitación) e, cando haxa 5 respostas aos mesmos, procederemos coa corrección dos mesmos e coa seguinte lección.

Saúdos dende a Bolsa de Biblioteca.

miércoles, 24 de noviembre de 2010

PROBA DE NIVEL

Ola de novo!
Como se vos informou na primeira entrada, esta segunda estará adicada á realización dunha proba de nivel. A continuación atoparedes una serie de exercicios curtos (a maioría deles serán traducións). O que teredes que facer é resolve-los exercicios e envialos nun comentario a esta mesma entrada. Cando o fagades, poderedes ve-las respostas das demáis persoas participantes no curso. Eu aconsellaríavos que non as leades, pois a través desta proba de nivel establecerase o nivel de partida do curso e, polo tanto, canto mellor reflexe a vosa resposta o voso nivel real, maior partido lle poderedes sacar ao curso. Non vos preocupedes se hai moitos exercicios que non sabedes facer, a proba de nivel está composta por algunha tarefa sinxela e moitas pertencentes a distintos niveis de coñecementento avanzado.
Sen máis... aquí tedes os exercicios...

1. TRADUCE: Ten Lara fame?
2. TRADUCE: Non estás lendo o libro.
3. TRADUCE: Chegou Fernando a tempo á escola?
4. TRADUCE:  Estabas durmindo cando sonou o teléfono?
5. TRADUCE: Carla viviu en Madrid durante tres anos.
6. TRADUCE:  Cando oín a túa voz, eu xa apagara a lus.
7. TRADUCE: O mes que ven irei a visita-la miña avoa polo seu aniversario.
8. COLOCA O ADVERBIO ONDE DEBE IR: [usually] I go to the cinema on Sunday.
9. COLOCA O ADVERBIO ONDE DEBE IR: [easily] You should do your homework.
10. ORDEA OS ADXECTIVOS: I have bought a [wonderful, blue, American, leather] shirt.
11. TRADUCE: De quen é ese can?
12. TRADUCE: Se tiveras estudado terías sacado unha mellor nota.
13. TRADUCE: Quero que me reparen o coche.
14. TRANSFORMA A ORACIÓN: "I'm going to buy a pair of shoes tomorrow" - she said. // She said that...
15. TRADUCE: Ogallá eu tivera un coche.
16. TRADUCE: Lamento dicirche que marcho.
17. TRADUCE: Non tes que ir á clase se non queres, pero deberías.
18. TRADUCE: Nunca serei tan alta coma ti.
19. TRADUCE: Esta casa é nosa.
20. TRADUCE: A pesar de que estuda, ela nunca aproba os seus examen de matemáticas. Nembargantes, sempre aproba bioloxía.
21. TRADUCE: Podería ter sido un erro.
22. TRADUCE: Teño unha computadora nova.
23. TRADUCE: Estás esperando por alguén?
24. TRADUCE: Ana bailou toda a noite.
25. TRADUCE: Cando chegamos estabas durmindo.
26. TRADUCE: Bebéstedes algo?
27. TRADUCE: Os nenos xa romperan a fiestra cando sonou a alarma.
28. TRADUCE: Teño fame. Debería comer algo. Comerei algo.
29. TRADUCE: Mañá vas ao hospital, non?
30. TRADUCE: A semana que ven María viaxará a París.
31. TRADUCE: Sempre imos xuntos ao cine.
32. TRADUCE: Nunca seredes tan bos coma nós.
33. TRADUCE: Que están dicindo os teus pais?
34. TRADUCE: Que camisa me queda mellor?
35. TRADUCE: Como dirías "coche" en francés?
36. TRADUCE: Quen é ela?
37. TRADUCE: Onde temos que durmir nós?
38. TRADUCE: Cando viredes?
39. TRADUCE: Canto arroz fai falla?
40. TRADUCE: Se fai sol, o teu cabelo brila.
41. TRADUCE: Se ves mañá, serei feliz.
42. TRADUCE: Se eu fose ti, pensaríamo antes de ir.
43. TRADUCE: Fun á perruquería a corta-lo cabelo.
44. TRADUCE: Ela dixo que era o máis sinxelo.
45. TRADUCE: Lamento dicirche que xa é tarde.

Intentade envia-las vosas respostas en comentarios canto antes, porque a principios da próxima semana xa comezamos coa primeira lección. MOI IMPORTANTE: comezade sempre os vosos comentarios nas entradas especificando o voso nome e apelidos e o número de habitación.
Unha aperta,
A BOLSA DE BIBLIOTECA

jueves, 11 de noviembre de 2010

PRESENTACIÓN DO CURSO

Benvidos e benvidas ao Curso de Inglés que levamos a cabo dende a Bolsa de Biblioteca  e a Bolsa de Sociocultura da Residencia Universitaria Monte da Condesa. Debido ao éxito que tivo a proposta entre os e as residentes, decidímonos por unha metodoloxía que permita a participación de tódalas persoas que o desexedes, para así evitar ter que facer unha selección de participantes.

Como xa vos diciamos no primeiro anuncio que creamos do curso, os nosos obxectivos son dous:
- Mellorar as aptitudes na lingua inglesa das persoas que desexen practicar e superarse cada día.
- Servir de axuda para a preparación de quenes se vaian presentar a un exame de acreditación pola modalidade libre.

No curso como o temos previsto, traballaredes os diferentes contidos e competencias necesarios para acadar un bo coñecemento do idioma:
- Gramática.
- Vocabulario.
- Lectura.
- Escritura.
- Fala e escoita.

A metodoloxía que imos empregar neste curso consistirá no seguinte:
- Traballaremos a gramática a través de explicacións que iremos subindo ao blog. Sobre os diferentes contidos teremos unha serie de exercicios para que practiquedes. Iremos tamén correxindo estes exercicios para que vaiades comprobando o voso desempeño.
- Faremos prácticas de lectura onte teredes un texto e unhas preguntas a respostar.
- Tamén exercitaremos a capacidade de redactar composicións escritas de calidade.
- E finalmente, teremos a oportunidade de vivenciar conversas orais en inglés entre os e as participantes. Para isto deberedes seguir as pautas que se darán dende a Bolsa de Sociocultura, que será a encargada da organización dos grupos de conversa.
- Ademáis de todo isto, dende a mesma Bolsa de Sociocultura porase en marcha unha iniciativa de creación dun Banco de Recursos de Idiomas, onde se formarán equipos de traballo nos que os propios/as residentes intercambiarán os seus coñecementos.

A duración deste curso será, como máximo, ata o mes de xuño do ano 2011; pero para que o curso continúe semana tras semana é imprescindible a participación das persoas inscritas (ou dun mínimo delas).

O procedemento de inscrición é mediante a posta dun comentario nesta primeira entrada do blog no que escribades o voso nome e apelidos e o número da vosa habitación. A inscrición permanece aberta durante todo o curso. A parte online do curso comezará xa esta próxima semana, e no que respecta aos grupos de conversa e ao banco de recursos, permanecede atentos/as porque as bolseiras de Sociocultura comezarán a dar información en breves.

Como xa vos imaxinaredes, este curso non supón ningunha acreditación oficial dun nivel de inglés nin tampouco é computable por créditos académicos. Sen embargo, as persoas da residencia que participedes no curso de forma asidua, se o desexades, podedes solicitar un escrito non oficial onde se indique a vosa participación neste curso de inglés, co selo da Biblioteca.

Posto que a continuación deste curso no tempo depende da vosa participación, o que deberedes facer é desenvolve-los exercicios propostos a través de comentarios nas respectivas entradas do blog (especificando nome e número de habitación) para proseguir coa respectiva corrección dos mesmos. Deste xeito, teremos constancia do voso aproveitamento do curso e seguiremos levándoo adiante ata fin de curso.

A próxima entrada que veredes no blog será a da proba de nivel inicial para as persoas apuntadas. É moi importante que a fagades para marcar un nivel de partida do curso.

Estade atentas/os ao blog!!

Bolsa de Biblioteca e de Sociocultura.