sábado, 26 de febrero de 2011

STAGE VERBS, GERUNDS AND WANT

Estamos de volta tra-la época de exames e comezamos cunha lección un tanto complexa... Mans á obra!

STAGE VERBS
Algúns verbos case nunca se utilizan en tempos continuos. Gramaticalmente é posible empregalos en xerundio, pero sóese evitar. Os máis comúns son...
- Verbos de pensamento: understand, know, remember, believe, forget...
- Verbos de gusto e disgusto: like, love, prefer, hate...
- Verbos de ser ou posuír: be, own...

THE GERUND
A miúdo empregamos en infinitivo verbos que deben ir en xerundio. Ademáis dos casos nos que se utilicen tempos continuos, existen unha serie de situacións nas que, en inglés, débese usa-lo xerundio aínda que no galego ou no castelán non sexa así.
- Cando o verbo é o suxeito da oración: Painting makes me relax.
- Despois de preposicións: She was punished for smoking there.
- Despois de determinados verbos, como admit, avoid, can't stand, consider, don't mind, finish, give up, mention, practice, risk, suggest...: I can't stand listening to her music.

WANT
Para expresar o que queremos que outra persoa faga, debemos empregar unha estrutura específica. Esta mesma estrutura pódese empregar con outros verbos como "apetecer", "preferir", "necesitar"... Por exemplo, "quero que te esforces", "apetéceme que veñas comigo", "prefiro que non fumes na miña casa", "necesito que me axudes"...
A estrutura é: Want + object + infinitive with to...
- I want her to cook today (quero que ela cociñe hoxe).
- She wants me to close the door (ela quere que eu peche a porta).
- We need you to be more responsible (necesitamos que sexas máis responsable).

É hora de praticar! Traduce as seguintes oracións nas que combinarás exercicios das tres normas que acabas de aprender. Logo, pega as túas respostas nun comentario:

1. Bailar é divertido.
2. Quero que obteñas unha boa educación.
3. El explicou a razón para facer máis copias.
4. Os seus amigos queren que ela saia o sábado.
5. Non me importa prestarcho.
6. Nós queremos que el faga ben os seus exames.
7. Nadar na praia pode ser perigoso.
8. Ana necesita que axudes ao seu irmán.
9. Necesitas probas para culpar a alguén.
10. A túa nai quere que coides da túa irmá pequena.
11. Suxiro que vaiamos á praia.
12. Necesitas que te axude?
13. He wants Tom to be his friend.
14. Sleeping in a camp-side is fun.
15. All of us need you to come to Mary's party.
16. Can you think about spending a complete year of your life on holidays?
17. Do you want me to ask him for some help?
18. Sara admits stealing that book.
19. The shop-keeper wants her to give the book back to the book-shop.
20. He practices swimming twice a week.

Se non estades acostumados/as a estas estruturas, esta podería ser unha lección difícil. Empregade un dicionario ou un tradutor para os termos que non saibades.
Un saúdo,
Bolsa da Biblioteca.

5 comentarios:

  1. Candela Camiño López. 211.

    1. Dancing is funny.
    2. I want you to get a good education
    3. He explained the reason for making more copies
    4. My friends want her to go out on Saturday
    5. I don’t mind lending you it
    6. We want him to make well his exams
    7. Swimming in the beach can be dangerous
    8. Ana needs you to help his brother
    9. You need proofs for accussing someone.
    10. Your mother wants you to take care your little sister
    11. I suggest going to the beach
    12. Do you need me to help you?
    13. El quiere que Tom sea su amigo
    14. Dormir en un cámping es divertido.
    15. Todos nosotros necesitamos que tu vengas a la fiesta de María.
    16.¿Puedes pensar en pasar un año entero de tu vida de vacaciones?
    17.¿Tú quieres que yo le pida a él ayuda?
    18. Sara admite que ha robado ese libro.
    19. The shop-keeper wants her to give the book back to the book-shop. El tendero quiere que ella devuelva el libro a la librería.
    20. Ella practica natación dos veces a la semana.

    ResponderEliminar
  2. Jennifer Campos Bértoa (Habitación 211)
    1. Dancing is fun.
    2. I want you to get a good education.
    3. He explains the reason to make more copies.
    4. Their friends want her to go out Saturday.
    5. I don’t mind lending you it.
    6. We want him to do well his exams.
    7. Swimming in the beach can be dangerous.
    8. Ana needs you to help her brother.
    9. You need proves for blaming somebody.
    10. Your mother wants you to take care for your little sister.
    11. I suggest going to the beach.
    12. Do you need me for help you?
    13. El quere que Tom sexa seu amigo.
    14. Durmir de acampada é dirvertido.
    15. Todos nós precisámoste para vir á festa de María.
    16. Podes imaxinar pasar un ano da túa vida de vacacións?
    17. Queres que lle pida axuda?
    18. Sara admitiu que roubou este libro.
    19. O tendeiro quere que ela devolve o libro á libraría.
    20. Ela practica natación dúas veces á semana.

    ResponderEliminar
  3. 1. Dancing is funny.
    2. I want you to get a good education.
    3. He explained the reason for making more copies.
    4. Her friends want her to go out on Saturday.
    5. I don’t mind lending you it.
    6. We want him to do well his exams.
    7. Swimming in the beach can be dangerous.
    8. Ana needs you to help his brother.
    9. You need evidence to blame someone.
    10. Your mother wants you to look after your little sister.
    11. I suggest that we go to the beach.
    12. Do you need that I help you?
    13. Quere que Tom sexa o seu amigo.
    14. Durmir nun campamento é divertido.
    15. Todos nós necesitamos que veñas á festa de Mary.
    16. Podes pensar en pasar un ano enteiro da túa vida de vacacións?
    17. Queres que lle pida axuda?
    18. Sara admitiu roubar aquel libro.
    19. O tendeiro quere que ela devolva o libro á librería.
    20. El practica natación dúas veces á semana.

    ResponderEliminar
  4. NOME: Óscar Prado Merini
    HABITACIÓN: 008

    ResponderEliminar
  5. RESPOSTAS CORRECTAS AO EXERCICIO:
    1. Bailar é divertido: DANCING IS FUN.
    2. Quero que obteñas unha boa educación: I WANT YOU TO GET A GOOD EDUCATION.
    3. El explicou a razón para facer máis copias: HE EXPLAINED THE REASON FOR MAKING MORE COPIES.
    4. Os seus amigos queren que ela saia o sábado: HER FRIENDS WANT HER TO GO OUT ON SATURDAY.
    5. Non me importa prestarcho: I DON'T MIND LENDING IT TO YOU.
    6. Nós queremos que el faga ben os seus exames: WE WANT HIM TO DO WELL ON HIS EXAMS.
    7. Nadar na praia pode ser perigoso: SWIMMING IN THE BEACH CAN BE DANGEROUS.
    8. Ana necesita que axudes ao seu irmán: ANA NEEDS YOU TO HELP HER BROTHER.
    9. Necesitas probas para culpar a alguén: YOU NEED EVIDENCE TO BLAME SOMEONE.
    10. A túa nai quere que coides da túa irmá pequena: YOUR MOTHER WANTS YOU TO LOOK AFTER YOUR LITTLE SISTER.
    11. Suxiro que vaiamos á praia: I SUGGEST GOING TO THE BEACH.
    12. Necesitas que te axude?: DO YOU NEED ME TO HELP YOU?
    13. He wants Tom to be his friend: EL QUERE QUE TOM SEXA O SEU AMIGO.
    14. Sleeping in a camp-side is fun: DURMIR NUNHA ACAMPADA É DIVERTIDO.
    15. All of us need you to come to Mary's party: TODOS NÓS NECESITAMOS QUE VEÑAS Á FESTA DE MARY.
    16. Can you think about spending a complete year of your life on holidays?: PODES PENSAR EN PASAR UN ANO COMPLETO DA TÚA VIDA DE VACACIÓNS?
    17. Do you want me to ask him for some help?: QUERES QUE EU LLE PIDA AXUDA A EL?
    18. Sara admits stealing that book: SARA ADMITE QUE ROUBOU AQUEL LIBRO.
    19. The shop-keeper wants her to give the book back to the book-shop: O DEPENDENTE QUERE QUE ELA DEVOLVA O LIBRO Á LIBRERÍA.
    20. He practices swimming twice a week: EL PRACTICA NATACIÓN DÚAS VECES Á SEMANA.

    Moi ben feitas as vosas traducións!

    ResponderEliminar