Decidido!
Xa que as persoas que opinaron ata agora están de acordo en que o mércores é a mellor data para realiza-las sesións, nese momento será cando o faremos.
A primeira clase terémola o primeiro mércores despois de semana santa (mércores 27) ás 22:00, na Biblioteca.
O blog poderémolo seguir utilizando para subir materiais para as clases presenciais, así que non o perdades de vista!
Ao longo da próxima semana subirei a programación das sesións, deste xeito intentarei que, para o mes de xuño, xa estean tódolos principais contidos traballados.
Aínda que a maior parte do traballo nas sesións vai ser oral, é preferible que veñades con folios (ou libreta) e lápis (bolígrafo, portaminas...), porque tamén faremos algúns exercizos escritos. Se queredes, podedes traer un diccionario de inglés, aínda que non é imprescindible... imos aprender a expresarnos co vocabulario que teñamos (e cos termos que vaian saíndo nas conversas).
Ata o día 27!
Bolsa de Biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario