sábado, 9 de abril de 2011

UNHA PROPOSTA PARA OPTIMIZA-LO CURSO

Ola de novo!

Non sei se vos pode interesar, pero aquí tedes a convocatoria das probas da USC para acredita-los idiomas esixidos nos graos:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oiu/descargas/Convocatoria_B1.pdf

Estiven botando unha ollada ás vosas composicións e, definitivamente, o voso nivel merece un avance moito máis rápido. Por este motivo, tráiovos unha proposta:

Xa que, finalmente, o curso quedou con poucas persoas que participen de xeito constante, pensei que tal vez vai ser moito mellor face-las sesións presenciais. Isto será unicamente se vós podedes; senón, continuamos coma ata o de agora.

As sesións presenciais servirían para traballa-la gramática como o estamos facendo no blog, para practicar a través dalgunha conversa ou debate, para realizar algunha composición, para facer algún xogo...

Decídeme que vos parece...

As clases serían unha vez á semana (ou dúas se queredes), cunha duración indeterminada (ata un máximo de dúas horas cada sesión), coas seguintes opcións de horario:
- Mércores de 22:00 a 00:00
- Xoves de 22:00 a 00:00

Espero as vosas respostas coas vosas preferencias de horarios para planifica-la primeira quedada ou para seguir coas sesións online.

Por certo, decídeme tamén se tedes algún título de inglés acreditado (escola oficial de idiomas, First Certicate, Advanced Certificate...) e se fóstedes algunha vez aos cursos de inglés da Universidade Menéndez Pelayo.

Un saúdo!!

Bolsa de Biblioteca.

2 comentarios:

  1. Jennifer Campos Bértoa Habitación 211.
    Si que me gustaría ter clases presenciais, porque a escrita aínda a manexo pero o inglés falado é peor.
    A min venme mellor os mércores ás 22.00, e cunha sesión soa porque teño prácticas moitos días.

    ResponderEliminar
  2. Candela Camiño López, 211.

    Ola! Pois por min mellor os mércores, de 10 a 12.
    En canto ao dos títulos, eu xa teño o certificado do B1, pero aínda que xa non me vaia presentar a este exame, quero seguir co inglés e non deixalo aparcado.

    ResponderEliminar